Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

O Rincón da reciclaxe

Imaxe
O alumnado de 4 ESO presenta a comunidade educativa os seus proxectos sobre consumo responsable. Foron moitos meses traballando na guia de reciclaxe e facendo entrevistas a empresas locales sobre novas formas mais limpas e responsables de producir e vender. Parabens!

Presentación dos proxectos de reciclaxe os compañeiros

Imaxe
Tras o remate dos proxectos, toca presentalos os compañeiros e sometelos a debate para valorar os contidos traballados e se os mostramos o resto da comunidade educativa. Mentres un grupo centrouse na elaboración dun manual para poder solventar as dúbidas máis comúns sobre onde temos que votar os desfeitos no caso de que sexan susceptibles de reciclaxe, o outro grupo presentou as conclusións das entrevistas e completou as medidas a tomar en materia responsable facendo mencións o etiquetaxe dos produtos, a calidade e completando con particularidades de reciclaxe de algúns desfeitos como o pelo que xeran as perruquerías.

Decrecemento: política e consumo

O mes de xuño foi un mes de repaso do visto ata o momento. Para levar a cabo a consolidación da aprendizaxe da temática vista este curso preparamos unha serie de entrevistas no seo da comunidade educativa.  Tralas primeiras xornadas de repaso, que vimos en entradas anteriores a este blog, chegou o momento de realizalas devanditas entrevistas. Deixamosvos un par de vídeos representativos do labor realizado polo alumnado neste final de curso 21-22. A finalidade foi dar visibilidade ao decremento como alternativa sostible ás pautas de consumo actuais, asemade de dar a coñecer en que consisten os dereitos da natureza. Como era de esperar, os membros máis novos da comunidade educativa non coñecían ben en que consistía decrecer, nin os dereitos da natureza. Pola contra, os membros máis maduros da comunidade educativa amosaron estar en maior coñecemento dos que temas que estabamos a tratar. 

Experimento sobre canto sabes de reciclaxe. Sabes tanto coma dis?

Imaxe
O alumnado de 1 bacharelato preparou un xogo divertido para por en dubida as afirmaciones do grupo de onde hai que reciclar ♻️ cada un dos prpdutos cotias que os compañeiros trouxeron o aula. Parabens pola iniciativa! Foi moi divertida.

Exposicions de Publicidade engAnosa e Comercio Xusto

Imaxe

Publicidade e verdade: repaso

Imaxe
Secuencia do anuncio de Old Spice O primeiro paso para comezar a traballar o consumo responsable é a toma de conciencia da relación entre verdade e publicidade. Ao principio é normal sentirse perdida/o... Para orientarnos comezamos a traballar en pequenos grupos, con lecturas breves e o visionado de vídeos comerciais como os que aquí vos presentamos.  

PODCAST DE ECONOMIA CIRCULAR

Imaxe
Aquí deixamos o enlace o Podcast elaborado polos compañeiros de 1º de bacharelato sobre A Economía Circular Podcast Economía Circular

Proxectos de empresa responsables

Imaxe
Hoxe é o turno dos proyectos de empresa. Despois de traballar durante todo o curso en distintas iniciativas de negocio, o alumnado de IAEE presenta o resto da comunidade educativa as súas ideas de negocio. Parabens!

Exposición entrevistas e análisis de datos consumo responsable

Imaxe
Exposición e resultados das entrevistas realizadas sobre consumo responsable