Publicacións

Publicación destacada

BENVIDOS A SEGUNDA EDICIÓN DE GALICONS NET

  Dende o IES Primeiro de Marzo estamos traballando dende o curso pasado as distintas áreas do consumo responsable. empezamos abordando o proxecto dende o ámbito máis tradicional ata o comercio electrónico, cada día con máis pegada na nosa sociedade. Ao longo do curso, foron aparecendo temas transversais ou das outras modalidades que fumos engandindo a petición do propio alumnado, con o ánimo de solventar ou dar resposta as súas inquedanzas. E por iso que esta nova edición, imos a apostar por la transversalidade de temas, para poder dar máis opcións de investigación os rapaces e facerlles partícipes do proxecto. Os departamentos involucrados este curso académico son novamente os de Economía, Filosofía, Xeografía e Historia e Matemáticas. Únese o departamento de Inglés nesta nova aventura. As actividades que imos desenvolver este ano as iremos presentando no blogg, tal e como xa fixemos o ano pasado. 

O Rincón da reciclaxe

Imaxe
O alumnado de 4 ESO presenta a comunidade educativa os seus proxectos sobre consumo responsable. Foron moitos meses traballando na guia de reciclaxe e facendo entrevistas a empresas locales sobre novas formas mais limpas e responsables de producir e vender. Parabens!

Presentación dos proxectos de reciclaxe os compañeiros

Imaxe
Tras o remate dos proxectos, toca presentalos os compañeiros e sometelos a debate para valorar os contidos traballados e se os mostramos o resto da comunidade educativa. Mentres un grupo centrouse na elaboración dun manual para poder solventar as dúbidas máis comúns sobre onde temos que votar os desfeitos no caso de que sexan susceptibles de reciclaxe, o outro grupo presentou as conclusións das entrevistas e completou as medidas a tomar en materia responsable facendo mencións o etiquetaxe dos produtos, a calidade e completando con particularidades de reciclaxe de algúns desfeitos como o pelo que xeran as perruquerías.

Decrecemento: política e consumo

O mes de xuño foi un mes de repaso do visto ata o momento. Para levar a cabo a consolidación da aprendizaxe da temática vista este curso preparamos unha serie de entrevistas no seo da comunidade educativa.  Tralas primeiras xornadas de repaso, que vimos en entradas anteriores a este blog, chegou o momento de realizalas devanditas entrevistas. Deixamosvos un par de vídeos representativos do labor realizado polo alumnado neste final de curso 21-22. A finalidade foi dar visibilidade ao decremento como alternativa sostible ás pautas de consumo actuais, asemade de dar a coñecer en que consisten os dereitos da natureza. Como era de esperar, os membros máis novos da comunidade educativa non coñecían ben en que consistía decrecer, nin os dereitos da natureza. Pola contra, os membros máis maduros da comunidade educativa amosaron estar en maior coñecemento dos que temas que estabamos a tratar. 

Experimento sobre canto sabes de reciclaxe. Sabes tanto coma dis?

Imaxe
O alumnado de 1 bacharelato preparou un xogo divertido para por en dubida as afirmaciones do grupo de onde hai que reciclar ♻️ cada un dos prpdutos cotias que os compañeiros trouxeron o aula. Parabens pola iniciativa! Foi moi divertida.

Exposicions de Publicidade engAnosa e Comercio Xusto

Imaxe

Publicidade e verdade: repaso

Imaxe
Secuencia do anuncio de Old Spice O primeiro paso para comezar a traballar o consumo responsable é a toma de conciencia da relación entre verdade e publicidade. Ao principio é normal sentirse perdida/o... Para orientarnos comezamos a traballar en pequenos grupos, con lecturas breves e o visionado de vídeos comerciais como os que aquí vos presentamos.  

PODCAST DE ECONOMIA CIRCULAR

Imaxe
Aquí deixamos o enlace o Podcast elaborado polos compañeiros de 1º de bacharelato sobre A Economía Circular Podcast Economía Circular