Primeiro mes de traballo
Neste primeiro mes de traballo adicámonos ao estudo da relación entre verdade e publicidade, un dos problemas centrais dentro da epistemoloxía contemporánea. Fixémolo mediante o análise de múltiples estratexias de manipulación empregadas en campañas de publicidade pensadas para desinformar ao consumidor. Aquí podedes ver en acción a un par de compañeiras de 1º de bach que nos presentaron como se deseñan as revistas de moda para orientar os pensamentos e desexos do público. Como froito do estudo deste mes, houbo algunha xoia que fixo o noso alumnado e que merece ser compartida con todas/os vos!
Comentarios
Publicar un comentario