Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

Exposicións sobre enerxías renovables e consumo responsable

Imaxe
Estas últimas semanas estivemos a traballar no gasto de enerxía nos fogares das alumnas e alumnos de 3º da ESO, no grupo A. Como reflexión inicial, preguntaron na casa o reparto de gastos da economía familiar (hipoteca ou alugueiro, gastos de alimentación, impostos, facturas…), prestando especial atención ao consumo de enerxía, ao seu custo e á evolución do prezo. Despois elaboraron diagramas circulares. Tras isto, tratamos de comprender a causa deste aumento dos prezos. Para iso, en dúas sesións, comentamos e fumos debatendo as ideas principais do seguinte vídeo . Ademais, tamén nos valeu de moito comparar os argumentos de Pol Andiñach (autor do vídeo) cos aportados pola prensa nacional. E chegou o turno de entender que alternativas existen, tanto no uso particular como no social, para afrontar o reto do consumo responsable e da transición a un novo modelo, máis solidario co planeta e aproveitando os recursos ilimitados que nos ofrece. Podedes ver as intervencións dos diferentes grupo

Ética empresarial

Imaxe
Co obxectivo de darlle un toque feminista á problemática do consumo responsable, aproveitamos para traballar certos aspectos da obra de Adela Cortina, unha filósofa española coñecida, entre outras cousas, por traballar sobre ética empresarial. Un dos textos de referencia foi o seguinte artigo:  https://elpais.com/diario/1999/01/21/opinion/916873203_850215.html Conforme ao estudado, o noso alumnado foi facendo as súas propias investigacións sobre a responsabilidade no ámbito empresarial, as cales se foron facendo públicas nas aulas, tal e como podemos ver nas imaxes aquí presentes. Hans Jonas é, xunto coa filósofa da que falamos, unha das voces máis recoñecidas no tratamento da responsabilidade na nosa comtemporaneidade.

Economía circular de moda?

Imaxe
Hoxe é o turno da Economía circular. Ainda que é un concepto algo descoñecido aunque está en boca de todos.  O alumnado de 1 de bach explícanos en qué consiste a través dunha presentación da aula e un podcast grabado con radio roca que subiremos en breve o noso blog. Parabéns equipo pola exposición!

Transhumanismo: a mecanización da vida humana

Imaxe
A cultura evoluciona sen deterse. Mais sempre que gañamos algo, estamos tamén a perder. Por iso, hai que ser reflexivas/os á hora de consumir determinados bens.  A tecnoloxía sempre formou parte da vida dos seres humanos, pero na actualidade a fusión desta coa bioloxía está plantexando unha serie de dilemas que deben ser tidos en conta á hora de pensar na sostibilidade do planeta.  O transhumanismo, entre moitas cousas, plantexa a posibilidade de expandir a nosa capacidade para sentir pracer, pero cal é será o seu custo? Para facer un chamamento á reflexión, o alumnado do noso centro elaborou unha serie de materiais, dende cartaces a vídeos, que tamén se empregaron para participar na Olimpíada Filosófica de 2022. Aquí temos algunhas mostras.

Aproveitamento dos recursos dende unha perspectiva xeográfica económica

Imaxe
 Dada a situación actual do conflicto en Ucraína, e o problema enerxético derivado do mesmo, adicamos parte do traballo en materia de consumo responsable a profundizar sobre o bo uso da enerxía, así como posibles fontes de aprovisonamento.