Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

EXEMPLO DE PLAN DE EMPRESA SOSTIBLE DE 4º DA ESO: MOBILITY STORE

Imaxe
  Son moitos os proxectos de empresa feitos polo alumnado de 4º da ESO. A modo de exemplo subimos hoxe o proxecto de empresa de Rocío Galván. Un plan de empresa moi completo dunha empresa de roupa de deporte, "Mobility store". Aqui temos o enlace o traballo: MOBILITY STORE As medidas que a compañeira resalta para facer da súa empresa unha empresa responsable con o medio ambiente son as seguintes: Parabéns Rocío!

NOSAS EMPRESAS RESPONSABLES

Imaxe
 El alumnado de IAEE de 4° ESO, ha presentado los distintos proyectos de empresas en los que están trabajando al resto de la comunidad educativa. En cada cartulina han querido recoger el tipo de empresa, su logotipo o eslogan y un resumen de las medidas responsables que han incluido en sus planes de empresa.  La semana que viene tras los exámenes, comenzarán las exposiciones.

PLAN DE EMPRESA DUN CONSERVATORIO: A Música e o Xénero

Imaxe
Empezamos a ver os froitos da carteleria dos plans de empresa. Hoxe é o turno de Paula González Durán de 4° da ESO de Iniciativa emprendedora . Presentanos o seu proxecto de empresa, baseado nun conservatorio global, PARA TODOS E QUE NON ENTENDE DE XÉNERO. Seu eslogan é " A música 🎶 non entende de xénero" A compañeira, que é unha apaisonada da música e que coñece ben o mundo das escolas e conservatorios, nos explica que hai unha especie de división entre os instrumentos e o sexo do profesional da música. De tal modo que, por norma xeral, os chicos soen elixir instrumentos máis graves do tipo bombardinos, tubos, saxos tenores, etc. En cambio as mulleres soen decantarse por instrumentos máis agudos como flautines, clarinetes, violines, etc. Ela defende con paisón que os instrumentos non entenden de xénero, e baixo esta premisa de partida a compañeira Paula defende que un dos seus compromisos en materia de consumo responsables é desvincular o xénero dos instrumentos no seu cons

ANÁLISE DO CONCEPTO TEMPO DENDE A PERSPECTIVA FILOSOFICA DO CONSUMO ÉTICO

Imaxe
  Hoxe é o turno da análise ao tempo a partir da visión de Salvador Dalí: Somos realmente conscientes da valía do tempo? Facemos un uso intelixente é responsable do mesmo? Aquí deixamos o enlace ó traballo realizado e presentado na aula: A verdadeira realidade do tempo. Salvador Dalí

Exposicións sobre consumo e obsolescencia programada

Imaxe
En Filosofía seguimos coas exposicións na que o noso alumnado debe dar conta de xeito integrado dos temas de ética e consumo, xunto ás nocións de metafísica, como o sentido da existencia e as diferenzas entre materialismo e espiritualismo. Hoxe traballamos sobre animacións que abordan o consumo dende unha óptica global e o impacto da obsolescencia programada. Isto permitiunos seguir mantendo os pequenos debates sobre o mundo do mercado e os nosos hábitos de compra.  ¿Fainos felices consumir constantemente? ¿necesitamos realmente todo o que compramos? ¿Cal é o noso grao de responsabilidade en todo o proceso?

Enquisa sobre HÁBITOS DE CONSUMO

Imaxe
Neste último mes as alumnas e alumnos de 3º da ESO deseñaron unha enquisa para sacar conclusións sobre os hábitos de consumo das persoas máis achegadas a nós (nós mesmxs, familia, comunidade educativa...). A enquisa realizouse con Google Formularios, e foi distribuída dende o equipo directivo do IES Primeiro de Marzo a todo o claustro de profes e a través de whatsapp ós grupos de amizade do alumnado e familia deste, conseguindo unha mostra de máis de 100 respostas. Con este traballo de análise da enquisa complétase o mural co que levamos traballando dende febreiro. Agardamos que vos guste e que aprendades moito sobre o consumo de roupa! Podedes completar a enquisa aquí .

Traballando nos proxectos de negocio responsables

Imaxe
Hoxe o alumnado de 4° da ESO de Iniciativa emprendedora empezou a traballar na carteleria que imos colgar nos pasillos do instituto para dar a coñecer os seus proxectos de empresa á comunidade educativa. Subimos unhas fotos do traballo de elaboración dos carteis na aula onde incluirase información sobre a temática do plan de negocio así como as medidas de consumo responsable que cada un de eles quixeron incluir no seu plan de empresa individual.

INGRESOS-COSTES-BENEFICIOS

Imaxe
  Funcións 4º ESO Funcións que determinan costes de fabricación mediante función lineal, función ingresos a través de función cuadrática. Cálculo de función beneficio. A través do estudio da gráfica  búsqueda do máximo beneficio e número de produtos que se precisan para chegar a ese punto.