Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

Exposición dos traballos de enerxías sustentables

Imaxe
 Despois dun gran esforzo recopilando datos e facendo cartelería, chegou o día da exposición do noso traballo. Parabéns polos resultados!

Estética, ética e política

Imaxe
  Esta pregunta que aquí aparece recollida foi unha das cuestións centrais que traballamos a final de curso. Con ela provocamos que o noso alumnado se plantexase a gran pregunta que procuramos traballar dende a materia de Filosofía: que podemos facer para ser consumidores/as máis responsables? Deste xeito, indagamos sobre as iniciativas que se están a levar no mundo da arte para cambiar o xeito no que vemos o noso entorno e a nosa relación con el.  Deixamosvos aquí unha serie de imaxes relativas a unha das exposicións que máis impactou ao alumnado este curso: trátase do estudo feito por dúas alumnas do noso centro sobre estética medioambiental, land art e arte povera. Adxuntamos o enlace á presentación: https://drive.google.com/file/d/1XGoS1LFxhgLmYtL84sXHWcpL_6PU8pQP/view?usp=sharing

Mapeando conceptos de consumo responsable

Imaxe

Ética e sostibilidade

Imaxe
Seguindo o fío da relación entre ética e consumo, en particular no que se refire á responsabilidade, hai un tema que ten unha especial importancia: a ecoloxía. Un ano máis, boubo alumnado sensibilizado ante esta cuestión e decidíu orientar as súas investigacións nesta dirección.  Un exemplo témolo no caso desta alumna de 1º de bach, que nos falou do campo da ética ambiental. Asemade, explicounos algún dos termos contemporáneos máis inspiradores no tema que nos ocupa. A súa exposición serviunos para introducir un dos temas de actualidade máis controvertidos no campo do dereito: os dereitos da natureza. Unha cuestión que un ano máis no esixíu recuperar o documental que aquí adxuntamos:

Enerxia nuclear como enerxia limpa?Pros e contras do uso da Enerxia Nuclear

Imaxe
Hoxe o alumnado de 1 bach presentan o seu traballo sobre a enerxia nuclear facendo un breve perforando polo contexto xeografico, económico e social. Finalmente presentan a teoría que actualmente a UE ten sobre a mesa de si se pode considerar unha energía limpia ou non