Decrecemento: política e consumo

O mes de xuño foi un mes de repaso do visto ata o momento. Para levar a cabo a consolidación da aprendizaxe da temática vista este curso preparamos unha serie de entrevistas no seo da comunidade educativa. 

Tralas primeiras xornadas de repaso, que vimos en entradas anteriores a este blog, chegou o momento de realizalas devanditas entrevistas.

Deixamosvos un par de vídeos representativos do labor realizado polo alumnado neste final de curso 21-22. A finalidade foi dar visibilidade ao decremento como alternativa sostible ás pautas de consumo actuais, asemade de dar a coñecer en que consisten os dereitos da natureza.

Como era de esperar, os membros máis novos da comunidade educativa non coñecían ben en que consistía decrecer, nin os dereitos da natureza.


Pola contra, os membros máis maduros da comunidade educativa amosaron estar en maior coñecemento dos que temas que estabamos a tratar. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Primeiro mes de traballo

A ECONOMÍA CIRCULAR segun Ruth Masson